4/11/15

Xogando á mariola

Mariola, peletre ou en castelán rayuela é o termo que define a este xogo tradicional infantil con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de cadros numerados no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.

Este curso académico 2015/16, o equipo de infantil do meu centro, incorporamos á práctica diaria o uso do ALGORITMO ABN. Unha das actividades que propón para traballar a serie numérica é o uso da mariola. @s meus nen@s levan xogando dende o inicio deste curso, agora ata xogan no patio. O outro día decidimos complicalo usando números máis altos.

No hay comentarios: