25/10/15

Maqueta dunha mámoa


 
Ortigueira é unha comarca preciosa, un lugar para perderse e para atoparse. Unha zona mística onde esta moi presente o pasado do que algún día foi. Nesta comarca atopamos moitos restos arqueolóxicos de diferentes épocas: un castro en Espasante, un castelo medieval do Casón  e  moitos restos de enterramentos prehistóricos "mámoas" dispersos por toda a xeografía. Por sorte, no noso pobo contamos cun museo adicado a este tema "A fundación Ortegalia". Seguindo co proxecto da prehistoria e os pasos do arqueólogo Federico Maciñeira, os meus pícaros e máis eu, decidimos facer unha visita ás súas instalacións.

Pero antes tiñamos que preparar esta saída. Agrupados en GRUPOS DE TRABAJO e utilizando unha estructura cooperativa chamada "LÁPICES AO CENTRO" preparamos as preguntas para realizarlle a Marta, que traballa na Fundación Ortegalia.

Despois da visita e das típicas actividades post-saída. Decimos facer unha maqueta dunha mámoa. O proceso non ten moito que contar...

Un par de probas con plastilina...

 O día D con arcila que seca ao aire...
  
Pintar a herba de verde e pegar as lousas superiores.






No hay comentarios: