10/11/15

Os fósiles

A verdade é que hai proxectos que camiñan sós, que cobran vida e discurren sen que tí os dirixas. Eses son os de verdade, nos que tod@s disfrutamos. Fai uns días un neno trouxo o típico fósil de felgos. Chamou moito a atención e decidimos investigar. Despois de varias visitas á pizarra dixital e dunha visita ao laboratorio do cole vimos en internet a posibilidade de facer fósiles caseiros.

O primeiro que fixemos foi facer unha listaxe das cousas que podiamos fosilizar. Agrupados en GRUPOS DE TRABALLO  e utilizando a estructura de traballo cooperativo LÁPICES AO CENTRO puxémonos ao tema. @s nen@s tiñan moitas ideas polos fósiles do laboratorio.



Ao día seguinte sentadiños na asemblea, fixemos un reconto de todas as cousas que aportamos da casa: cunchas, dinosaurios de plástico, plantiñas, caracolas, pedriñas...


O resto día o adicamos a facer os fósiles caseiros para os que necesitamos: PLASTILINA, ACEITE, XESO EN PÓ E AUGA. Cada nen@ comezou facendo unha bola coa plastilina. Despois aplastouna e marcou nela o que quería fosilizar. Para finalizar fixeron un reborde para o xeso. En internet atópanse moitos tutoriais.


Dende o primeiro día de cole, díxenlle aos nen@s que os investigadores estudan cousas para contarllo aos demáis, para divulgar o que investigaron. Deste xeito, cada cousa que levan a casa debe ir acompañada dunha explicación. Así, cada un escribiu a historia do seu fósil, porque cada fósil xurde dunha casualidade, por un azar do destino. Só recollín en imaxes algunhas das historias pero eran todas marabillosas.






No hay comentarios: