25/10/15

Pintura rupestre

Levamos dende o inicio do curso investigando sobre os homes e mulleres da prehistoria. O que na miña clase chamamos para entendernos "Os primitivos". Unha das cousas que nos chamou a atención foron os debuxos que comezaron a facer os cromagnon. Por iso, decidimos facer, sen trampas, un mural igual que o farían eles nas cuevas. Preparad@s para investigar fumos á biblioteca (NON TEÑO ORDENADOR NA AULA) e investigamos sobre o tema. Buscamos imaxes sobre a temática das súas pinturas e descubrimos as técnicas usadas por eles.

Voltamos a clase e fixemos un debuxo en DIN A3 pintando co noso dedo. Destas volta fixemos "trampa" e usamos témpera. Os debuxos sairon moi ben.

Despois desta actividade, os nen@s agrupáronse en EQUIPOS DE TRABALLO (despois de dous anos isto é un proceso rápido) e realizamos unha listaxe de materiais naturais para facer o mural prehistórico. Desta volta utilizamos a estructura cooperativa FOLIO XIRATORIO que os peques coñecen moi ben. Unha vez elaboradas as listas de materiais, nunha rápida asemblea, puxemos en común a listaxe de produtos cos que eu despois faría unha nota para as familias.
Ao día seguinte, a clase parecía un mercadillo cheo de produtos de diferente orixe para pintar: especias (pementón, cúrcuma, colarante alimenticio...) fariñas, café, ovos, perixel, "pedras que pintan"... e produtos que servirán de envase: medias laranxas e medios limóns e cunchas da praia.

O primeiro día o que fixemos foi preparar os pigmentos. Para iso, trituramos para facer polvo: café, arroz, lentellas, pedras. Algúns produtos moíanse ben e outros peor. Ao día seguinte, chegou o gran momento, e preparamos as mesturas. As cores foron decorando a nosa clase: laranxas, vermellos, brancos, marróns... utilizando os envases naturais.

Seguindo a idea dun par de nenos, pintamos a cara: os primitivos ian sucios e tiñan moito pelo no corpo (bigotes e barbas). Desta guisa, comezamos o noso mural non se antes ver como o profe facía unhas mesturas utilizando ovo como amalgama.
Cada peque elixiu antes o debuxo que quería facer. Todos tiñamos claro que eramos homes e mulleres da prehistoria e que polo tanto dibuxaríamos o día a día destas persoas (motivos de caza, recoleción, animais...)

Como colofón final, tíñalles preparada unha sorpresa aos meus pícaros: un aerógrafo prehistórico: Feito con dúas canas ocas e un ovo de galiña como envase. Utilizámolo para debuxar as mans. Só ten un problema, hai que soprar moito e as veces un marease un pouco.

No hay comentarios: