18/10/15

Porqué non!!!!???

Érase unha vez un neno que como todos quería ser bombeiro. Pasados os anos pasoulle como a outros moitos xóvenes, non sabía que ser de maior. Aos dezaseis anos tivo unha profesora de historia que espertou nel as gañas de aprender, e curiosamente tamén as de ensinar. Quería ser profesor de historia. Uns anos despois, a familia e os amigos o convenceron para que non fixese unha "carreira sen saída". Coas novas inquietudes que espertou a sinatura de historia nel, desexou coma todo adolescente cambiar o mundo. Un profesor pode cambiar as cousas!!!!! As cousas cámbianse mellor nos seus inicios!!! Pois mestre de infantil!!!! Seguro? "É un traballo de mulleres!!!" Pois xa estou cambiando as cousas!!!!!

Este ano cumpro os meus primeiros doce anos de mestre. Todos eles en educación infantil, así que non son novo nesta profesión. Fai uns anos no centro onde traballo, utilicei o blogue como ferramenta para contarlle ás miñas familias o que facían os seus fill@s conmigo. Desta volta, este blogue non ten esa intención. Non é unha ventá do que fago na miña aula, é unha ventá do meu propio facer, sentir e pensar sobre esta emociante e frustrante profesión. Non son un gurú da educación, nin un super mestre, nin alguén que marque tendencia. Son un profe que se deita cada noite reflexionado sobre o que fixo e pensando o que fará á mañá seguinte. Son un profe que ano a ano, intenta mellorar a súa práctica educativa e son unha persoa que sigue querendo cambiar o mundo e que a forza de golpes entendeu que pequenas accións cambian as cousas.

Neste blogue verterei as miñas ideas, soños, cabreos, anhelos, frustracións, desexos, reflexións... Porqué? Por que é necesario falar de educación, por que as cousas teñen e están a cambiar, por que xa está ben de ocultar as grandes cousas que se fan na escola pública, por que temos que comezar a valorar á nosa profesión, por que non podemos esperar máis tempo a que os políticos cambien as cousas, o cambio en educación ten que vir de abaixo cara arriba e  por que en educación temos que visualizar as Comunidades de Cambio e contar o que facemos nas nosas aulas.

No hay comentarios: